miércoles, enero 31, 2007

o medo

organizada por la AGPI (asociación galega de profesionais da ilustración) dentro de unos dias se inagura una exposición colectiva en el salon do libro infantil e xuvenil de pontevedra titulada "de medo"...

este es mi trabajo para esa exposición :-)


aquí os pongo algunos detalles al tamaño real al que pinté


y una imagen para que veais el progreso de la cabeza del personaje... como vereis, en algunos momentos la ilustración tuvo 2 personajes, pero uno de ellos desapareción en un momento de crisis ;-)


en la exposición cada pintura va acompañada de un texto, escrito a propósito para esa imagen... yo tuve la suerte de colaborar con marilar aleixandre :)
este es su texto:

No canaval

Apura, apura, cara adiante... non, que aí o ven, esmagaranos coas súas dedas enormes. Ficaremos condenadas a vagar dunha estrema a outra, avanzar e logo camiñar sobre os nosos pasos sen rumbo certo. Como saber que dirección tomar, se a luz a penas alcanza tan abaixo, as tebras arrequentan, colando entre si os contornos do canaval, tecendo coas follas unha sebe impenetrábel. No noso extravío, cismamos en voltar unha e outra vez ao mesmo lugar. Non é posíbel saír, procurar terra firme, murmuras, talvez nin existan as corredoiras furadas na pedra, as dunas de area seca. A cada volta nosoutras máis pequenas e as espadainas máis altas. É a humidade da xunqueira que turra polas plantas desde o interior, é este calmizo abafante. Os pexegos, impulsados polas follas enrabechadas, penduran sobre os nosos corpos. El, irrompendo na lama coa súa carne pálida. No luscofusco o paúl cuspe nubes de mosquitos e o canaval fica envolvido nelas como nunha rede. As ras exhiben os seus ollos sorprendidos, e logo musgan, impedíndonos ler neles o destino. E non chegamos a imaxinar por que fomos esqueiroadas do noso acougo. Apura, apura, dicímonos sen folgos unha á outra, mentres continuemos en movemento hai esperanza. Pero os vincallos dos lirios, despregando a dureza das súas follas. Os asubíos das canas, entoando o último dictame. E a beleza da garza, sen apelación.

Marilar Aleixandre